xoves, 7 de abril de 2016

Conciencia fonolóxica das vogais.

Un vídeo que nos mostra as vogais, útil para iniciar o traballo da conciencia fonolóxica. Gracias María José Fano.

LAS VOCALES from María José Fano on Vimeo.

mércores, 26 de marzo de 2014

MATERIAL PARA TRABALLAR A COMPRENSIÓN LECTORA

Acabo de atopar un material para non perder de vista, moitos moitos textos para traballar a comprensión lectora, que pode facerse a través do ordenador sen necesidade de imprimir. Explorade e veredes como vos gusta.

1º CICLO

2º CICLO

3º CICLO

martes, 10 de decembro de 2013



Estes días decidín darlle un novo uso a Symbaloo, así que creei unhas pestanas cos "links" que empregan os nenos e nenas nos tempos que adicamos ao ordenador. Eles e elas están encantados e encantadas e eu moito mellor organizada. Así sabemos onde está o que lle gusta a cada quen e o que precisa traballar.

Animádevos a probar!!!

venres, 18 de outubro de 2013

EXCELENTE TRABALLO!

Un grupo de estudiantes de 2º de Educación Infantil da Universidade de Córdoba ofrécennos un recurso para traballar coa serie infantil Dino Tren




luns, 3 de xuño de 2013

Incrible descubremento para a miña labor docente e de incorporación das TICs ao meu traballo cos cativos e cativas. Seguramente para moitos de vós xa é coñecido e empregado como páxina de inicio de escritorio porque, a verdade, as posibilidades que ofrece son moi variadas. No meu caso a páxina de inicio que emprego é a seguinte, só polo feito de cada vez que me conecto a rede estou xerando céntimos que se acaban convertindo en euros.